lunedì 14 maggio 2012

Pergunta no Parlamento galego por malos tratos na prisión da Lama.Malleiras, isolamento e falta de atención médica


As denuncias de malos tratos realizadas por varios internos do cárcere da Lama levaron o pasado 8 de maio o deputado Carlos Aymerich Cano a apresentar perante a Mesa do Parlamento Galego, para a sua resposta por escrito, unha pergunta á Xunta de Galiza relativa ao serio deterioro dos dereitos que se vive neste centro penitenciario.

Na pregunta cítanse tres casos recentes: o de Juan José N.R., transladado á enfermaria despois de alegadamente ter sido vítima de duros malos tratos por varios funcionarios de centro; o de Roberto F.P., a quen se suprimiu arbitrariamente a medicación pautada -o que provocou a perda de 20 kgs. de peso- e se encerrou despois nunha cela de confinamento solitario ; e o de Roi A.B., alegada vítima dunha dura agresión por parte de varios funcionarios do centro e tamén encerrado despois en confinamento solitario sen atención médica.


O deputado pregunta á Xunta se vai instar o goberno español o esclarecemento dos graves feitos denunciados por internos da prisión e que medidas pensa promover o executivo galego para asegurar o respecto dos dereitos humanos nos cárceres galegos.

Ver aqui o relato dos feitos.

Colado de Esculca



http://abordaxerevista.blogspot.com/2012/05/pregunta-la-xunta-de-galicia-por-los_13.html

Nessun commento:

Posta un commento