mercoledì 11 aprile 2012

A Ertzaintza mata un mozo dun pelotazo (Bilbo)

Tras arrancar dous ollos de raíz e mandar á UCI a un rapaz con severos traumatismos craniais na pasada folga xeral, ao final conseguírono, xa se cargaron a alguén. Era de esperar, os máis de 20 feridos polos proxectís de caucho nos recentes disturbios de Barcelona só eran unha proba, o partido entre o Athletic e o Schalke do pasado xoves foi o momento no que o cántaro, de tanto ir á fonte, rematou por romper: Iñigo Cabacas xa non animará xamais ao seu equipo, a policía asasinouno cunha pelota de goma.

A maioría dos países de Europa non utilizan tan perigosos medios represivos, non obstante en españa son a xoia do arsenal antidisturbios, o xoguete preferido do badulaque uniformado, a pedra angular do control de masas e o baluarte sobre o que descansa a nosa paz social.

Un disparo a menos de 20 metros e directo á cabeza, non como estipulan esas normas e procedementos policiais redactadas con esmero sobre papel mollado. E é que o estado soltou demasiado a correo dos seus cans, a sabendas de que ao pobo non lle deixaron outro remedio que o de rebelarse. Sáenlles máis baratas as balas de goma que as axudas sociais.

E eses politicuchos e tertulianos endomingados séguense enchendo a boca coa violencia: A VIOLENCIA!, anatema satánico, encarnación do mal en estado puro, consistente en prenderlle lume a un colector ou romper os vidros dun banco. Que dirán agora eses meapilas? Que pasaría se o morto fose un policía ao que lle encasquetaron un merecido adoquinazo no medio dunha manifestación? Que pasaría se os dous ollos estalados e os dous bazos extirpados durante a última folga estivesen nas filas da represión? Se as torturas e os ósos rotos llelas aplicasen os manifestantes aos policías... e nos centros sociais en lugar de nas comisarías? Probablemente instaurarían o estado de excepción e os xornais xustificaríano dun millón e medio de maneiras, invocando sempre o sacrosanto mantra da violencia.

Parabéns malnacidos, as vosas armas "non letais" cumpriron á perfección o seu labor, un novo "pacificado" que xa non vos dará problemas.

Nessun commento:

Posta un commento