venerdì 9 settembre 2011

Filtracións de Wikileaks desvelan a preocupación de EEUU polo anarquismo grego



Os cables filtrados recentemente entre o goberno norteamericano e a súa embaixada en Atenas destapan o interese na evolución do terrorismo “doméstico” de ideoloxía anarquista en Grecia. Sobre todo despois do atentado con lanzacohetes contra a embaixada ianqui perpetrado no 2007 por “Loita Revolucionaria”.
O seguimento dos disturbios do 2008, ocasionados tra-la morte dun xoven anarquista a mans da policía, constitúe outra das constantes na preocupación norteamericana pola deriva da política helena.
Segundo deprendese das filtracións de Wikileaks, o goberno ianki culpou ó executivo de Karamanlis de tibieza na represión dos motíns; de tal xeito que o medo a provocar máis víctimas e botar máis leña ó lume provocou unha reacción ineficaz das forzas da orde. Os cables tamén analizan o papel do “santuario” universitario na organización anarquista dos disturbios (pois a policía non pode entrar nas universidades) así como a predisposición grega á acción directa, ó extremismo político de esquerdas e ás revoltas violentas.
Tamén culpan ós medios de comunicación gregos de cubrir os disturbios do 2008 de xeito “irresponsable”, alentando a propagación das algaradas por non defender a actuación do policía que matou ó xoven de 15 anos Alexandros Grigorópoulos.
Os cables, todos eles anteriores ó ascenso do PASOK ó poder, amosan a preocupación estadounidense pola pérdida de popularidade do presidente Karamanlis e as consecuencias negativas que iso acarreou para a política exterior norteamericana (fan referencia concreta á situación de Macedonia e ás relacións con Turquía). Neles xa se pode apreciar a certeza do próximo cambio de goberno así como da radicalización do anarquismo no país.
Na cuestión do terrorismo, a máxima preocupación ianqui é polo grupo de guerrilla urbana “Loita Revolucionaria”, activo dende o 2003 e aparentemente desarticulado non hai moito tempo (despois da data de emisión dos cables, evidentemente). Parece ser que tanto os norteamericanos como os ingleses brindaron ás autoridades gregas unha colaboración en materia antiterrorista que eles califcan como “de baixa intensidade” e que consistiría principalmente nun fluxo de información en ambas direccións. Consideran o traballo da policía helena nestas lides como “satisfactorio”, aínda que queixanse en diversas ocasións das filtracións á prensa dos resultados das investigacións por motivos de política partidista, o que obstaculizaría en gran medida o traballo policial.
Tamén analizan nos cables o papel oportunista dos distintos partidos de esquerda no transcurso dos disturbios.
Como nota curiosa o xeito no que se refiren os cables ós métodos de vixiancia e videograbación, que según eles cada día teñen máis aceptación na sociedade grega, pois son calificados como "formas de control "gran hermano"" ("Big Brother" monitoring).

Nova redactada por C.R. a través da información atopada nos cables recentemente publicados por Wikileaks. Aquí tedes a relación dos que falan de Anarquismo (-Aquí)
A nova pola que chegamos a esta info atopamola en Anarchistnews.org (-Aquí).
Tanto as unhas como as outras están en ingles, por suposto.

http://www.cablegatesearch.net/search.php?q=anarchist&sort=1#c1

http://anarchistnews.org/?q=node/15298

http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/09/filtracions-de-wikileaks-desvelan.html

Nessun commento:

Posta un commento