lunedì 30 gennaio 2012

[Audio] Roda de Prensa FIES: Tortura Branca nos Cárceres


ESCUITAR CONTIDO COMPLETO DA RODA DE PRENSA
http://kuartoscuro.podcast.es/episodio.php?id=39443

A artista Núria Güell presentou o día 25 de xaneiro o seu proxecto “Aplicación legal desplazada #3: F.I.E.S.” no espacio Off Limits de Madrid. No acto estivo acompañada por Amadeu Casellas –ex-preso F.I.E.S. e militante anarquista- e Jorge del Cura -Portavoz da “Coordinadora para la Prevención de la Tortura”-. O traballo é resultado dunha campaña cultural de “escritura criativa” entre a artista catalana e máis de medio centenar de presos sometidos a régimen F.I.E.S. de aillamiento especial, vigente nos cárceres españois pese á sua inconstitucionalidade. As suas testemuñas están recollida na página web http://www.acvic.org/fies/.

Na nosa sociedade democrática e de direito, o progreso deixou intacto o sistema carcerario herdeiro do franquismo. En 1991 engadiuse o régimen F.I.E.S. (Ficheros de Internos de Especial Seguimento, Instrucción 21/96), que emprega medidas de aillamiento total às que son sometidos os presos “inadaptados e conflictivos”. Despois de muita presión legal, o Tribunal Supremo declarou o régimen F.I.E.S. nulo de pleno direito. Non tanto, a Dirección Xeneral de Instituicions Penitenciarias dictou unha nova Instrucción, a 6/2006, que baixo a rúbrica “Protocolo de actuación en materia de seguridade”, reproduce literalmente a Instrucción 21/96. Esta última era de novo ilegal, dado que omitía os direits dos presos sen respeitar o estabelecido pola Constitución Española, o Regulamento Penitenciario nen a LOGP (Lei Orgánica 1/1979, de 26 de setembro, Xeneral Penitenciaria). Finalmente, no pasado 15 de abril de 2011, o Ministerio do Interior, acatando a sentencia do Alto Tribunal, modifico ualguns apartados do Regulamento Penitenciario e, con o Real Decreto 419/2011, legalizou de novo o F.I.E.S.

Psiquiátricos clínicos consideran que as normas que regulan istos regímenes de aillamiento son medidas de tortura branca, dado que someten aos reclusos a privación sensorial, monotonía estimular e perda de contraste con a realidade. Según os expertos, istos métodos aseguran un dano emocional que inevitablemente é xerador dun intenso sofrimento e un deterioro do suxeito. A través da represión, bloquean a mente do recluso, neutralizan o espíritu reivindicativo do mesmo, a sua conciencia, afectando o seu sistema nervioso ata lograr a sua anulación efectiva. Son estratexias que conlevan un longo proceso de despersonalización, onde a condición de ser pensante termina torturándote.

En muitos casos, son os proprios presos F.I.E.S. quen se revelan, reclamando os seus direitos aos carcereiros, funcionarios do Estado que aplican disciplina a través da represión e que, segundo testemuñas internas, “non podes denunciar porque as represalias son piores”. Este sistema de disciplina está estructurado de maneira que condena ao recluso à vulnerabilidade e à indefensión, dado que o proprio maltratador é quem debería tramitar a sua propria denuncia. A artista Nuria Güell ve este sistema como “macabro e obsoleto, que provoca odio, frustración e morte ao suxeito, en vez de propiciar a suposta reinserción que incríblemente o xustifica”. Así, o proxecto da artista catalana visibiliza declaracions en primeira persoa como a seguinte: “(…) golpeaballe unha outra vez, levantaballe a cabeza e empotrabansela contra oo chan, podía facerlo porque Ramón xa estaba esposado de pes e maos. Ainda con as cámaras de seguridade, fan o que lles peta, dado que logo borran o que lles interesa. (…) A min torturaronme psicolóxicamente ata o ponto de terme cortado as veas (…)”.

Dossier FIES para a prensa:
Colado e traduzido de alasbarricadas

http://boletintokata.files.wordpress.com/2012/01/dossier-prensa.pdf

http://www.alasbarricadas.org/noticias/node/19503

Nessun commento:

Posta un commento