martedì 6 marzo 2012

Os responsables da morte de Diego Viña no cuartel da garda civil de Arteixo ¡¡¡Quedarán impunes!!!‏


Aínda que nós non somos moi partidarios das denuncias xudiciais ás institucións, reproducimos o seguinte comunicado que a asociación "Nais contra a impunidade" enviou ós medios de comunicación (e que estes ignoraron):


AOS MEDIOS DE COMUNICACION:
OS RESPONSABEIS DA MORTE DE DIEGO VIÑA
NO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE ARTEIXO
¡¡¡QUEDARAN IMPUNES!!!

Mañá día 6 de Marzo de 2012, no Xulgado do Penal de A Coruña, xulgarase ao pai do falecido Diego Viña, como responsable dun delito de denuncia falsa. O proxenitor, será así chibo expiatorio, dun proceso que se fecha en falso, con moitas incognitas por aclarar, e sen que aínda se aclarase a sociedade ¿Cómo e porque morreu Diego Viña?.
Lembremos que este rapaz da Coruña, faleceu aos 22 anos o día 22 de setembro de 2004, no cuartel da Garda Civil de Arteixo, logo de ser detido inxustificadamente por falsas imputacións realizadas polo seu proxenitor.
Tras unha longa espera nos calabozos da Benemérita, e tras serlle negadas as mínimas garantías de atención ao detido (asistencia sanitaria, psicolóxica, etc), Diego apareceu aforcado no calabozo pendurado da perneira do seu pantalón.
Ante esta traxedia, tanto a familia de Diego Viña, como a Comisión de Denuncia de Galiza, iniciaron acción xudiciais co obxecto exixir xustiza e que se aclararan as circunstancias da morte dun indefenso rapaz.
Estas reclamacións non caeron inicialmente en saco roto, así o Xulgado de Instrución nº 5 de A Coruña, no Auto de data 11 de maio de 2006, concluíu tras a fase inicial de investigación, que as instalacións da Cuartel da Garda Civil de Arteixo “non parecen as mais idóneas para a custodia de detidos, nin pola súa ubicación, nin polas súas características, nin pola estrutura das reixas que conforman a porta da cela en cuxa parte superior contaban cun traveseiro que posibilitou atar o pantalón a mesma para consumar o aforcamento”, asemade no mesmo Auto, concluíase que existían indicios da comisión dun delito de detención ilegal e denuncia falsa.
Pese a elo, e tras 8 anos dun tortuoso procesos xudiciais, a xustiza foi arquivando ou desestimando un a un os procesos que dimanaban de estes feitos lutuosos. Primeiro foi rexeitado o Homicidio como causa da morte, logo a detención ilegal, e por último a responsabilidade patrimonial por anormal funcionamento da administración na aplicación das medidas de detención.
Os Xuíces e Tribunais, non quixeron entrar ao fondo do asunto, non quixeron esclarecer todas e cada unha das escuras circunstancias que rodearon a morte de Diego Viña, non explicaron convincentemente porqué a perneira do pantalón coa que se aforcou foi arroxada ao lixo polo mando da Garda Civil responsable do Posto de Arteixo, non ordenaron unha reconstrución dos feitos, non iniciaron unha investigación interna que aclarara as confusas causas da detención e o seu fatal desenlace, non reclamaron a realización dunha segunda autopsia, e o que é mais grave, non foron quen de explicar porque Diego Viña pasou a noite no calabozo da Garda Civil, cando non existía ningún indicio delictivo.
A familia de Diego Viña e a Comisión de Denuncia de Galiza, veñen de interpoñer recurso de Casación para a Unificación de Doutrina ante o Tribunal Supremo, contra a derradeira sentencia emitida pola Audiencia Nacional respecto a desestimación da reclamación de responsabilidade patrimonial , esperando que o alto Tribunal entre dunha vez por todas a examinar as probas e determinar a responsabilidade obxectiva do Estado.
Ademais toda a xente solidaria coa familia, continuará pedindo xustiza publicamente, ate que esta morte o igual que tantas outras non quede impugne.

Fran del Buey Asociación “Nais contra a Impunidade” Tlf 695901787

Mail: naiscontraimpunidade@gmail.com

https:/ / n-1 .cc/pg/groups/1151348/diego-via-castro/

Páxina web da asociación: aquí
Para máis información, neste blog:
-aquí, sobre a desestimación.
http://abordaxerevista.blogspot.com/2012/02/desestimada-demanda-pola-morte-de-diego.html

-aquí, sobre a persecución ós familiares.
http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/05/chegan-sancions-pola-concentracion-en.html


http://abordaxerevista.blogspot.com/2012/03/os-responsables-da-morte-de-diego-vina.html

Nessun commento:

Posta un commento