domenica 9 ottobre 2011
Fractura Nº0
O "Grupo de Axitación Social" de Vigo mandounos o primeiro número do seu boletín, o "Fractura", no que repasan os recortes sociais emprendidos polo goberno nos últimos tempos:
A “crise” actual (ao igual que aconteceu nas pasadas) é a gran escusa para profundar nas condicións de explotación nas que vivimos.
Rematamos o curso 2010/2011 coa imposición duns recortes en dereitos sociais e laborais que nos fixo retroceder lustros nas nosas condicións de vida.
Pero a maquinaria de “axuste” está moi lonxe de deterse. Polo tanto, consideramos imprescindible facer balance da situación na que nos atopamos, analizar o futuro que se nos pretende construír e tomar posición ao respecto.
Con esta publicación pretendemos contribuír a este proceso de reflexión.
Neste primeiro número, centrámonos nas últimas reformas relacionadas co ámbito laboral, recollendo unha pequena escolma dos aspectos máis destacados das mesmas.
http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/2011/10/fractura-n0-outubro-de-2011.html
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
Nessun commento:
Posta un commento