martedì 18 ottobre 2011

Hackmeeting 2011 no C.S.O. Palavea (A Coruña) es


O encontro aual de hacktivistas que de xeito itinerante percorre a península terá lugar nesta fin de semana no Centro Social Okupado Palavea na Coruña. A okupa herculina acollerá, ademais, un concerto do norteamericano ZAN HOFFMAN o sábado e outro dos mexicanos CRIMEN o domingo.
Aproveitamos para dar publicidade ó novo blog da okupa: http://okupacorunha.wordpress.com

Aquí tedes a presentación que o MeigHacks (nome que este ano adopta o Hackmeeting) fai de si mesmo:

Hackers, hacktivistas, nerds, lurkers, hobbistas da tecnoloxía, geeks e otras «meigas» vólvense por mans á tecla para, bit a bit e ping a ping, implementar outro Hackmeeting.

Un encontro que, entrecruzando os fíos do social, o tecnolóxico e o político, constrúe durante unha fin de semana autoxestionada e libre,
unha nova forma de crear, de relacionarse, de gozar compartindo e aprender ensinando.

Tres dias de autoxestión, autoorganización, circulación libre de saberes, hacktivismo, ciberactivismo, ética hacker, apropiación dosmedios de produción, media libre, software libre, hardware libre, autonomía, p2p, guifi.net, redes libres, entre outros.

CSO Palavea, 21 ao 23 de Outubro en A Coruña.

Ven e comparte, o hackmeeting tamén es ti.

http://sindominio.net/hackmeeting

Nessun commento:

Posta un commento