sabato 23 luglio 2011
Campaña pola liberación de Montes Neiro tras máis de 80 días en folga de fame
Campaña de envío de Faxes pra pedir o indulto pra Miguel Francisco Montes Neiro, o preso máis antigo do estado español (leva máis de 35 anos enlazando condeas sen que ningunha delas sexa por delitos de sangue), que atópase en folga de fame dende fai máis de 80 días. O seu estado é delicado posto que Miguel, de 61 anos de idade, perdeu xa máis de 25 kg mentres que arrastra problemas de fígado causados polos seus antecedentes de hepatite, ademais de padecer fai uns meses un tumor canceríxeno.
Para coñecer máis sobre este caso podedes mirar este enlace neste mesmo blog (-aquí), este outro do "Boletín Tokata" (-aquí), ou esta interesantísima entrevista no periódico "Diagonal" (-aquí).
A continuación deixámosvos dous modelos de faxes pedindo a súa excarcelación (en castelán) pra enviar ó ministerio de interior e ó director do Centro Penitenciario de Albolote, en Granada, onde atópase Miguel.
Dende AQUÍ pódense enviar Faxes gratis (lembra que só tes que confirmar o envío dende a conta de correo electrónico que puxeches) ou tamén dende AQUÍ
http://www.freefaxbutton.com/spain_+34.php
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
Nessun commento:
Posta un commento