lunedì 9 maggio 2011

Outro ataque á sede da UGT (A Coruña)


Un grupo de entre 15 e 20 persoas irromperon na sede da ugt na Coruña arredor das 10 desta mañá e , tras localizar o despacho de Luis Baneira (secretario xeral da Federación de Servicios Públicos de FSP-UGT), arroxaron bolsas de lixo polo chan así como petardos e amoníaco. Os testigos dín que ó chegar ó terceiro andar cubrironse as caras pra logo saír correndo apresuradamente. Nalgunha nova da prensa comercial, de onde nós collimo-la información, falarían duns supostos restos dun "coctel molotov caseiro" (¿?, nós non coñecemos os industriais), ainda que noutros periódicos non recollen tal cousa. Tamén falarían de que lle botaron ácido á cara de Luis Baneira, cousa rara pois xa lle deron o alta (¿ou sería ácido cítrico?).
Polo de agora ninguén reivindicou a acción aínda que ,quizáis, podería ter relación con algún conflicto sindical.
Por outra banda non é o primeiro ataque do que é branco este sindicato, ó que xa hai uns meses lle tiraron un coctel molotov na porta de entrada (noticia neste blog-aquí) así como hai uns días na súa sede en Ferrol (aquí).

Información da prensa burguesa.

http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/05/outro-ataque-sede-de-ugt-coruna.html

Nessun commento:

Posta un commento