






O pasado sábado 17, ó redor de oitenta solidarixs enfrontamos o frío navideño para participar na tradicional Marcha á Cadea de Teixeiro que, coma todo-los anos dende hai xa unha ducia, celebramos contra vento e marea (ou máis ben contra multas e picoletxs) no sábado anterior ó nadal.
Aínda que, para seres sincerxs, nesta ocasión non foi unha "marcha", pois preferimos concentrarnos diante da porta da cadea para evitar que a carceleirxs e picoletxs lles entrase a tentación de pincharnos as rodas dos coches, coma xa sucedera hai dúas marchas (noticia neste mesmo blog aquí); así que desta volta os vehículos ficaron aparcados na cuneta, a salvo, dentro do no noso campo visual.
Nesta ocasión a protesta estivo oportunamente comunicada á subdelegación do goberno nos seus prazos correspondentes. Pese á reticencia natural dxs organizadorxs, a intención pasaba por disminui-lo risco de multitudinarias multas para todo-lxs participantes, como xa sucedera nas dúas convocatorias anteriores (aquí e aquí), asumindo xs convocantes as posibles sancións.
Os berros solidarios para cxs represaliadxs do sistema e contra a institución carcelaria e xs seus infames valedorxs fixéronse oir doutro lado dos muros, contestados polxs presxs como boamente souberon, confinados tra-los inhumanos barrotes.
Se puntualmente ás 16:00h comezou a protesta, ás 18:00 un pequeno globo aerostático fixo as veces de despedida para cxs involuntarixs habitantes do presidio. Raudxs collemo-los coches para chegar a tempo a outra cita antirrepresiva do día: a manifestación convocada ás 20:00 no obelisco da Coruña.
Entre as identificacións e a presión constante das forzas de antidisturbios, cen por cen volcadas en amolar xs solidarixs, a manifestación partiu cedo (apenas serían ás 20:30) do seu ponto de convocatoria pola céntrica rúa real coruñesa. Alí repartíronse octavillas entre xs numerosxs usuarixs de tan sinalado centro de consumo da cidade.
A manifestación rematou axiña frente ó concello herculino, tendo coma único incidente sinalable os momentos de tensión resultantes de que uns "secretas" obligaran a un participante a borrar unha foto que lles tomaran, co conseguinte amago de carga policial.
A intención coa mani coruñesa pasaba por chama-la atención da cidadanía con respecto á campaña contra as torturas e malos tratos nas prisións que estase a desenrolar en cadeas de todo o estado. Na campaña participan máis de 60 presxs, algúns deles nas prisións galegas, por medio de xexúns e "chapeos" periódicos e envíos de instancias (máis información neste mesmo blog sobre a campaña, tanto dentro como fora, aquí, aquí e aquí).
C.R.
Imaxes da manifestación en A Coruña recibidas no noso correo:
Podedes atopar outra crónica da marcha na Web Galizalivre.org (aquí)
http://www.galizalivre.org/?q=noticia/21.12.2011/xii-marcha-teixeiro-levou-solidariedade-os-muros-da-prisom
http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/12/cronica-da-xii-marcha-prision-de.html

Nessun commento:
Posta un commento