domenica 8 gennaio 2012

Protesta anticonsumista en A Coruña


Na tarde do pasado día 5 de xaneiro, mentres o centro da Coruña fervía cas últimas compras da noite de reis, un pequeno grupo de anti-capitalistas irrompeu en diversos puntos quentes do consumismo da cidade. Tras dunha pancarta que rezaba "O NADAL É UN NEGOCIO e ti saes perdendo", con gorros de papá-noel e as caras pintadas de caveira, cantaron panxoliñas reivindicativas mentres repartían panfletos co seguinte texto:

O NADAL É UN NEGOCIO
Bo nadal! Esperamos que sexa o suficientemente bo como pra non deixarte tremendo e co peto baleiro despois de tódalas compras de tan entrañables datas. ¿Un pequeno esforzo por mor da felicidade dos seres queridos? Non sei se a felicidade dos rapaces mercase coa tarxeta de crédito, se a ledicia contabilízase nos xoguetes que enchen as estanterías ou no número de xogos da videoconsola. A felicidade dos nenos non sei, agora ca dos directivos das empresas multinacionais que se forran a esgalla cos cartos que cada vez nos costa máis conseguir, desa si que non dubidamos. Pois eles serven ó único e verdadeiro deus, o diñeiro, e o seu amado fillo, o consumo; mentres nos sacrificamos nos seus altares os míseros salarios cos que a fin de mes premian a nosa obediencia.
Esaxeración? Quizais deberíamos lembrar que o Papa Noel barbudo, regordete e bonachón que coñecemos non foi nada máis que un invento da empresa Coca Cola, que o vermello do seu atuendo e o branco da súa barba e adornos non corresponde máis que as cores promocionais da empresa. Así resultaríanos máis doado comprender que as tradicións, no capitalismo, non son máis que campañas publicitarias dos mercados pra baleirar os nosos petos. Que a única esencia do nadal que pretenden vendernos é a do consumo desmedido. Que só os curas nas súas igrexas e os vendedores nos seus centros comerciais sacan verdadeiro proveito da “Paz e da felicidade” que oferta moviestar, dos milleiros de luceciñas que despilfarran electricidade iluminando o camiño entre tenda e tenda e das viandas mercadas a prezo de ouro que abundan nas entrañables pitanzas natalicias.
Tomannos por parvos. Falannos dunha crise por culpa do capitalismo neoliberal desmedido e a súa solución é afondar todavía máis no neoliberalismo. Dín que a desregulación da economía provocou esa crise e desrregulan aínda máis a economía pra solucionala. Os ricos son cada día máis ricos pero afogan ó pobo con medidas de austeridade.
E nós mentres mercando. Gastando e gastando sen freo. Sacandolle fume as tarxetas de crédito que os bancos outorgaronnos a cambio das nosas almas e dun millón de anos de hipoteca. Facendo xirar a xigantesca roda dentada desta maquina infernal que só nos leva cara ó colapso. Seguimos impulsando co noso esforzo as rodas do carro que enfila o precipicio, mentres os que levan as rendas, borrachos de poder e diñeiro, esíxennos máis velocidade. E nós, sumisos, seguimos obedecendo...


C.R.

http://www.abordaxerevista.blogspot.com/2012/01/panfleto-anticonsumista-repartido-este.html

Nessun commento:

Posta un commento