sabato 23 luglio 2011
Bombas contra CCOO e contra o INEM en León spain
Durante a madrugada do pasado día 20 de xullo, dous artefactos de escasa potencia estouparon diante dun centro de formación do sindicato CCOO e máis nunha oficina de emprego da Junta de Castilla y León.
A primeira explosión rexistrouse ás 4:02 da madrugada no nº5 da rúa Astorga, causando danos no sistema do aire acondicionada e na fachada lateral do centro de formación "Foremcl CyL" ubicado nunha sede do sindicato CCOO. O segundo estoupido tivo lugar 5 minutos máis tarde na oficina de emprego situada no nº 3 da rúa Ciudad de Puebla, ocasionando danos na fachada, na porta e nos paneis do teito, así como en dous vehículos estacionados nas inmediacións.
As informacións verquidas nos distintos medios comerciais (de onde nós tiramo-la información) son contradictorias, pois nalgúns afirman que a segunda bomba non chegou a estoupar mentres que noutros falan indistintamente de artefactos explosivos e incendiarios.
Ó parecer, os artefactos caseiros confeccionáronse cun bote de gas para recarga de mecheros, según relataron á prensa fontes do concello leonés.
Non é a primeira acción de similares características sucedida en Castilla y León xa que en xaneiro deste ano un artefacto explosivo causou graves danos na clínica da mutua Asepeyo en Ponferrada. Accións semellantes xa aconteceran en anos anteriores (noticia neste blog -aquí).
A nova na prensa comercial: Europa Press (aquí)
http://www.europapress.es/castilla-y-leon/noticia-policia-busca-autores-colocacion-dos-artefactos-explosivos-madrugada-leon-capital-20110720141629.html
http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/07/bombas-contra-ccoo-e-contra-o-inem-en.html
Nessun commento:
Posta un commento