giovedì 19 maggio 2011
Amnistía internacional denuncia que en España persisten as torturas e que se investigan de xeito deficiente
O informe anual de Amnistía Internacional, publicado recentemente pon de manifesto o que pra moitos de nós é evidente aínda que a clase política o negue, os medios de comunicación o obvien e a sociedade en xeral o ignore: que en España non só se tortura, se non que as denuncias ó respecto son sistemáticamente desatendidas. Mentres tanto, o goberno négase a abolir a detención en réximen de incomunicación (antiterrorista), como lle solicitaron reiteradamente os organismos de dereitos humanos, do mesmo xeito que tamén rehusou asinar a “Convención sobre os Dereitos dos Migrantes”. Tamén constata o aumento das mortes e dos malos tratos ás mulleres, especialmente inmigrantes irregulares (ás que poden expulsar do país ó presentar denuncia) e os “castigos corporais, aislamento, prescripción indebida de medicamentos e asistencia médica insuficiente en centros para menores”.
Con respecto as torturas e malos tratos por parte dos funcionarios encargados de facer cumpli-la lei, sinalan que continúan as denuncias, o mesmo que en anos anteriores, e que “non se tomaron medidas para recopilar e publicar datos sobre casos que puideran supor violacións de dereitos humanos contra personas baixo custodia policial, como establecía o Plan de Dereitos Humanos aprobado polo goberno en 2008”. Tamén sinala que o novo código penal, que non modificou a definición de tortura coma pedirá o comité da ONU, distingue entre torturas “graves” e as que non o son (¿?).
Sobre a “detención en réxime de incomunicación” baixo a lei antiterrorista, que o goberno de España empéñase tozudamente en abolir, sinala a indefensión que provoca o permanecer ata 13 días baixo custodia, sen ter dereito a un abogado ou a un médico da túa elección e sen poder comunicar o teu paradero a ninguén. Dende aquí preguntamos ¿se en España non se tortura que sentido teñen estas medidas?.
Curiosamente, no apartado relativo ós abusos cometidos por grupos armados non se constata ningunha práctica deste tipo no territorio español, só unha morte causada por E.T.A. en Francia.
http://amnesty.org/es/region/spain/report-2011#page
Máis info na prensa comercial: -aquí
http://www.lavanguardia.com/politica/20110513/54153749419/amnistia-internacional-denuncia-que-en-espana-persisten-las-torturas-y-su-investigacion-es.html
E no boletín Tokata: -aquí
http://boletintokata.wordpress.com/2011/05/13/amnistia-internacional-denuncia-que-en-espana-persisten-las-torturas-y-su-investigacion-es-inadecuada/
Nessun commento:
Posta un commento