sabato 30 aprile 2011
Ataque incendiario contra a sede de UGT en Ferrol es
Na madrugada do pasado día 27 descoñecidos introduxeron dous artefactos incendiarios pola fiestra da sede ferrolana do sindicato UGT, provocando a rotura dos cristais e un pequeno incendio na recepción. Algún veciño manifestou que o ataque produciuse pasadas as 11 da noite, cando escoitouse un ruido moi forte.
Polo de agora ninguén reivindicou o suceso.
Non é a primeira acción destas características no que va de ano, pois recentemente produciuse un atentado similar na sede de CCOO, tamén en Ferrol, mentres que en A Coruña outro ataque con líquido inflamable danou a porta de entrada da sede da UGT (nova neste mesmo blog aquí).
A información, o mesmo que a foto, tirámola da prensa comercial que recolle profusamente o feito.
http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/04/ataque-incendiario-contra-sede-de-ugt.html
http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/02/ataque-incendiario-sede-da-ugt-coruna.html
Nessun commento:
Posta un commento